Mari Luz Dacal Caldo de Osos Ecolóxico e Ovos

En Mari Luz Dacal apostamos polo benestar animal e os coidados de forma totalmente tradicional. Sempre ca cría en liberdade.
100 %
Galego e Natural
ecoloxico
De Producion Sostible
favorecendo
O Benestar Animal
Caldo de Osos Ecolóxico
Mari Luz Dacal deixounos unha receta secreta de Caldo de Osos totalmente tradicional, na que a utilización de osos ecolóxicos de Tenreiras de Raza Autóctona, aportan un sabor e calidade únicos. Feito en Galicia e 100% Natural, sin aditivos.
- Rico en coláxeno de alta asimilación
- Rico en proteínas e aminoácidos
- Gran aliado para a pel
- Promove a perdida de peso
- Beneficioso para problemas dixestivos e intestinais
Ovos de Galiña de Mos
A Galiña de Mos e unha raza autóctona, das mais antigas da península ibérica, e a única galega. Debe o seu nome a parroquia de San Xiao de Mos na provincia de Lugo, na que se iniciou o proceso de selección para a recuperación da raza orixinal.
Esta galiña ten unha escasa produción de ovo (116 ud / ano) o que lle outorga unhas características especiais os ovos.
Somos unha explotación ecolóxica artesanal na cal criamos as galiñas de mos en liberdade e respectando o seu ciclo de posta normal.
Por todo isto as nosos ovos poden sufrir falta de dispoñibilidade temporalmente.
Beneficios dos ovos de pitas raza Mos
- O maior tamaño da xema, aumenta o valor nutricional
- Máis cantidade de Omega 3
- Menos auga no seu interior, especialmente na clara.
- Os aminoacidos son superiores os de galiñas industriais.
Ovos de Patas
Igual que as Galiñas de Mos. Os ovos de patas reciben os mesmos coidados: cría en liberdade, alimentación natural e reducida explotación totalmente artesanal que favorece o benestar dos animais.
Todo isto fan que os nosos ovos de pato poidan sufrir falta de dispoñibilidade temporalmente, xa que respectamos a posta natural das patas e a NON sobre alimentación.
- Ricos en proteínas
- Altos en nutrientes: vitaminas A, D, E e Omega3
- Xema de gran tamaño con sabor máis intenso e cremoso
Mari Luz Dacal
o proxecto
Mari Luz Dacal e un homenaxe a todalas mulleres que traballaron e traballan no rural Galego. Un traballo poucas veces recoñecido pero que sin dúbida, forma parte da historia da nosa Terra.
Mari Luz Dacal recupera os valores que nos trasmitiron todas esas mulleres, tradición, artesania, sostenibilidade… Unha forma de traballar na que o repecto os productos e os animais son a clave para obter alimentos de primeiro nivel.
Este proxecto nace da paixón pola alimentación sana e vida saudable de 2 intrepidos Galegos, vinculados fortemente o rural, e por suposto, a Mari Luz Dacal.
Únete a
Mari Luz Dacal
Deixanos o teu contacto e recibiras por adiantado o aviso das edición limitadas dos nosos productos, para que poidas facer a tua reserva antes de que se agoten, ademas de contido exclusivo, como recetas, promoción, ofertas…